SERVIZO DE AUTENTIFICACIÓN DE OBRAS

Os heredeiros do escultor Francisco Asorey e a Asociación Francisco Asorey constituíron unha comisión para a certificación da autoría de obras do escultor Francisco Asorey. Nesta comisión participan tanto membros da familia coma  profesionais da arte que están a traballar na catalogación da obra de Asorey. Constitúese esta comisión para dar seguridade xurídica os propietarios, galeristas y compradores sendo esta comisión a única que emita certificados de autenticidade legais.

A comisión reunirase cuando se requira por un particular ou institución un certificado. O custo da emisión do certificado de autenticidade será de 200 euros que abonaranse por transferencia á conta indicada no formulario de solicitude. Os gastos de transporte das obras serán por conta do interesado así como tamén serán por conta do interesado os gastos de desprazamento dos membros da comisión no caso de que a obra non se poida transportar.

Formulario de solicitude de certificado.